Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14713

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508B).

A consellería con competencias en materia de política social e mocidade convocou, para o ano 2022, a través da Orde do 27 de abril de 2022, as subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia, número 87, do 5 de maio de 2022).

Pola Resolución do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publícase a Resolución do 24 de agosto de 2022, de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da dita Orde do 27 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 172, do 9 de setembro).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse no día 8 de novembro de 2022.

Así mesmo, no número 1 do dito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 16.3 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que conforme a lei correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento o 9 de febreiro de 2023, en que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, iso comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas

Convocatoria: Orde do 27 de abril de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2022.

Data do acto: 9 de febreiro de 2023.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades beneficiarias que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, iso comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 16.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Relación de expedientes:

Nº expte.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2022/005

Helsinki España Dimensión Humana

G80540552

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado, xunto coa documentación establecida no art. 16.1.d).

– Anexo II: adaptar aos cambios do anexo III.

2022/014

Asociación Asistencial TDAH Salnés

G94125648

– Memoria económica (art. 16.1.b).

– Anexo III (art. 16.1.d).

– Presentar a póliza do seguro das persoas voluntarias (art. 3.1.c).

– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (art. 16.1.d).

2022/020

Fundació Isidre Esteve

G25726316

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2022/037

Asociación Ambiental Senda Nova

G70175401

– Anexo III: corrixir de acordo cos xustificantes dos gastos presentados e remitir copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (art. 16.1.d).

– Anexo II: corrixir o punto primeiro de acordo co proxecto solicitado e adaptar os outros puntos aos cambios do anexo III.

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III.

2022/039

Asociación Socioeducativa para la Educación, Aseduc

G70067830

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2022/050

Aspronaga, Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G15028855

– RNT outubro para as nóminas do anexo III (art. 16.1.d.4º).

2022/055

Sociedade Recreativa San Xoán de Calo

G15069883

– Memoria das actividades realizadas (art. 16.1.a).

– Memoria económica (art. 16.1.b).

– Documentación xustificativa das nóminas presentadas (art. 16.1.d.4º).

2022/062

Asociación Santiago Apóstolo de Cangas

G36204931

– Documentación xustificativa das nóminas presentadas (art. 16.1.d.4º).

2022/070

Fundación Meniños

G15551120

– Modelo 111 do 3º trimestre e xustificante de pagamento (art. 16.1.d.4º).

2022/072

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

– Anexo III: corrixir o gasto da nómina de outubro de acordo co art. 16.1.d.4º.

– Anexo II: adaptar aos cambios do anexo III.

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III.

2022/073

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

– RNT agosto para as nóminas do anexo III (art. 16.1.d.4º).

– Carta de recepción dos pagamentos por desprazamento das persoas voluntarias.

2022/080

Asociación Gallega de Afectados por Trasplantes Medulares, Asotrame

G70370713

– Memoria das actividades realizadas (art. 16.1.a.).

– Memoria económica (art. 16.1.b).

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).

– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados e documentación acreditativa do seu pagamento (art. 16.1.d).

2022/095

Club Hockey Compostela

G70160114

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º)

– Anexo III: corrixir de acordo caos xustificantes dos gastos presentados

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III.

– RNT outubro para as nóminas do anexo III (art. 16.1.d.4º).

– Corrixir o gasto da nómina outubro de acordo co art. 16.1.d.4º.

2022/096

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

– Anexo III (art. 16.1.d): revisar as cantidades indicadas nos seguros e adaptar a relación de facturas aos documentos presentados.

– Anexo II: revisar o punto segundo e adaptar aos cambios do anexo III.

– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III.

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).

– Remitir copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (art. 16.1.d).

– RNT outubro para as nóminas do anexo III (art. 16.1.d.4º).

2022/097

Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple, Alucem

G27209535

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).

2022/100

Asociación Vodea

G27861061

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2022/104

Asociación Síndrome de Down de A Coruña

G15731466

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado (art. 16.1.d ).

– Anexo IV (art. 16.1.e).

2022/106

Asociación Antonio Noche

G15210388

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2022/111

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños y otras Demencias, Afaber

G15821572

– Anexo III: corrixir de acordo cos xustificantes dos gastos presentados

– Documentación xustificativa da nómina presentada (art. 16.1.d.4º).

2022/120

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– RNT outubro para as nóminas do anexo III (art. 16.1.d.4º).

2022/122

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

– Xustificación da axuda concedida (art. 16).

2022/123

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

– RNT marzo para as nóminas do anexo III (art. 16.1.d.4º),

– Anexo III e memoria económica: adaptar o gasto da nómina outubro de acordo co art. 16.1.d.4º.

2022/125

Fundación Pazo de Mos

G36417251

– Anexo II: indicar os datos do punto 4 de acordo co anexo IV e remitir debidamente asinado.

– Anexo III: remitir debidamente asinado.

– RNT outubro para a nómina do anexo III (art. 16.1.d.4º).

– Memoria económica (art. 16.1.b).

2022/126

Asociación de Migrantes de Galicia, Amiga

G70578083

– Anexo III: indicar o gasto computable e retirar os gastos inventariables.

– Anexo II: corrixir o punto primeiro de acordo co proxecto solicitado e adaptar os outros puntos aos cambios do anexo III.

– Achegar acreditación da titularidade das tarxetas de pagamento e da súa asociación á conta da entidade (art. 16.1.d.1º).

2022/129

Asociación Pratodo

G27505916

– Presentar os xustificantes de pagamento do seguro de accidentes para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º).

– Anexo II: adaptar a solicitude aos cambios do anexo III e debidamente asinado polo representante da entidade.

– Anexo III: enviar completo e debidamente asinado polo representante da entidade.

– Memoria económica (art. 16.1.b): adaptar ao gastos indicados no anexo III.

– Anexo IV (art. 16.1.e) debidamente asinado polo representante da entidade.

– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (art. 16.1.d).