Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

Nº de rexistro: 2007/0040_NAA/IPPC_121

Localización: parroquia de Couso de Limia, concello de Sandiás (Ourense)

Expediente de modificación AAI: 2022-IPPC-M-081

Instalación: explotación de porcos de recría

Procedemento: corrección de erro

Titular: Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.L.

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-80

Localización: Os Chaos, parroquia dos Abeledos, Valilongo, concello de Montederramo (Ourense)

Nº de rexistro AAI: 2007/0072_NAA/IPPC_193

Instalación: planta de almacenamento e valorización de residuos

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U.

Nº de rexistro: 2010-IPPC-1029-255

Localización: concello de Lalín (Pontevedra)

Expediente de modificación AAI: 2023-IPPC-M-2

Instalación: planta de taboleiros de fibra de madeira

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Financiera Maderera, S.A.

Nº de rexistro: 2006/0375_NAA/IPPC_079

Localización: concellos de Rábade e Begonte (Lugo)

Expediente: 2022-IPPC-M-108

Instalación: planta de produción de compoñentes para a elaboración de medicamentos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Lonza Biologics Porriño, S.L.

Nº rexistro AAI: 2005/0182_NAA/IPPC_017

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2022-IPPC-M-86

Proxecto: reforma e ampliación dunha explotación porcina de 1.250 a 2.865 prazas de porcos de ceba de máis de 20 kg

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Productos Miño, S.L.

Nº de rexistro AAI: 2016-IPPC-84-327

Localización: Chantada (Lugo)

Instalación: explotación porcina de produción de leitóns A Baíña

Procedemento: modificación do plan de vixilancia e control ambiental da autorización ambiental integrada

Titular: Nutrimentos Deza, S.A.

Nº de rexistro AAI: 2006/0409_NAA/IPPC_053

Localización: A Baíña, concello de Agolada (Pontevedra)

Instalación: planta de almacenamento e xestión de residuos fundamentalmente metálicos

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Derichebourg España, S.A. (DGBE)

Expediente: 2023-IPPC-M-14

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Nº de rexistro: 2014-IPPC-103-272

Instalación: matadoiro frigorífico de gando vacún e equino no lugar de Montellos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Suministros Medina, S.L.

Expediente de modificación: 2022-IPPC-M-147

Localización: concello de Betanzos (A Coruña)

Nº de rexistro AAI: 2007/0017_NAA/IPPC_074

Instalación: fábrica de queixo

Trámite: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Queserías Entrepinares, S.A.U.

Nº de rexistro da AAI: 2010-IPPC-1012-253

Localización: concello de Vilalba (Lugo)

Expediente: 2022-IPPC-M-46 e 2023-IPPC-M-9

Instalación: fábrica de automóbiles. Centro de Vigo de Stellantis

Procedemento: transmisión da titularidade da autorización ambiental integrada

Titular anterior: Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

Novo titular: Stellantis España, S.L.

Nº de rexistro AAI: 2005/0233_NAA/IPPC_014

Localización: concello de Vigo (Pontevedra)

Expediente: 2023-IPPC-M-4

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático