Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á Resolución do 25 de xaneiro de 2023, de extinción da autorización ambiental integrada outorgada a Votorantim Cementos España, S.A. para planta de elaboración de cemento por medio do secado e moenda de diversos produtos, situado no concello de Narón (A Coruña). Número de rexistro AAI: 2006/0351_NAA/IPPC_196.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de elaboración de cemento por medio do secado e moenda de diversos produtos

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Votorantim Cementos España, S.A.

Nº de rexistro da AAI: 2006/0351_NAA/IPPC_196

Localización: concello de Narón (A Coruña)

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático