Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0020/2022-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo, ditado en relación co procedemento sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), élle notificado á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento, a dita persoa interesada, poderá comparecer no prazo e lugar que se sinala a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de febreiro de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto de notificación

ANI-CO-0020/2022-V

Propietario/a do DNI 34881717D

Proposta de resolución