Advertidos erros na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do 8 de febreiro de 2023, debe facerse a oportuna corrección:
Na páxina 12222, no artigo 2.1.B., nas letras d) e e), da resolución onde di: «d) Proxectos con infraestruturas de evacuación en tramitación ou xa autorizadas, cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo competitivo cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, vinculado aos ditos proxectos e ao centro de traballo determinado de que se trate, e garantindo polo menos o 50 % da súa produción de enerxía.
e) Proxectos que teñan un impacto no territorio ao comprometerse os promotores a que, durante un período de 10 anos desde a autorización de explotación, unha porcentaxe do 2,5 % da facturación anual do parque consonte o prezo de venda medio anual repercuta directamente nos concellos en cuxo termo municipal se pretende situar o parque eólico e as súas infraestruturas de evacuación.»; debe dicir: «d) Proxectos con infraestruturas de evacuación en tramitación ou xa autorizadas cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, vinculado aos devanditos proxectos e ao centro de traballo determinado de que se trate, e garantindo polo menos o 50 % da súa produción de enerxía.
e) Proxectos que teñan un impacto no territorio ao se comprometeren os promotores a que, durante a vida útil do parque desde a autorización de explotación, unha porcentaxe do 2,5 % dos beneficios anuais do parque repercuta directamente nos concellos en cuxo termo municipal se pretende situar o parque eólico e as súas infraestruturas de evacuación».