Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2022/129 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: soterramento da LAT 20 kV Santa Cruz, reforma do CT 78 Depuradora 2, novo CS Illa Pancha y cambio AD localización do CT 2989 Depuradora.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Santa Cruz tramo 1, con orixe no apoio existente 4BF03969 e final no apoio proxectado P1 tipo C-3000/16, cunha lonxitude de 90 metros en condutor LA-56 existente.

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Santa Cruz tramo 2, con orixe no apoio existente AV26840 e final no apoio proxectado P2 tipo C-3000/14, cunha lonxitude de 50 metros en condutor LA-30 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Santa Cruz, con orixe nun PAS situado no apoio P1 e final no CT 78 Depuradora 2 (que se reformará), cunha lonxitude de 506 metros en condutor HEPRZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20kV Santa Cruz, con orixe no CT 78 Depuradora 2 (que se reformará) e final no CS Illa Pancha (proxectado), cunha lonxitude de 248 metros en condutor HEPRZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Santa Cruz, con orixe no CS Illa Pancha (proxectado) e final no novo CT Depuradora (proxectado), cunha lonxitude de 787 metros en condutor HEPRZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Santa Cruz, con orixe no novo CT Depuradora (proxectado) e final no PAS situado no apoio P2, cunha lonxitude de 1.221 metros en condutor HEPRZ1-240.

• Reforma e automatización do CT prefabricado Depuradora 2, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas novas de liña e unha de protección telemandadas en substitución das existentes; substitúense tamén as pontes AT e BT e o cadro de baixa tensión.

• CS prefabricado Illa Pancha, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.

• Novo CT prefabricado Depuradora, en substitución do CTI 2989 Depuradora, cunha potencia proxectada de 630 kVAS e unha potencia inicial de 50 kVAS (existente en CTI), no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con fusibles.

• Desmontaxe de 15 metros de condutor RHZ1-95, 332 metros de condutor LA-56, 1.105 metros de condutor LA-30, 9 apoios de celosía e 4 apoios de formigón, o CTI 2989 Depuradora.

– Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

– Orzamento: 408.803,96 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Ribadeo.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Cultura e Turismo.

• Separata para o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 6 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo