Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Novomóvil, S.A.
Domicilio social: estrada N-VI, km 586, 15176 San Pedro de Nós (Oleiros).
Denominación: centro de seccionamento de compañía e liñas de conexión para nave de venda e reparación de vehículos.
Situación: avenida das Mariñas, 60 SUNP 133R, parcela 8.1 do polígono de Iñás, 15171 Oleiros.
Características técnicas:
Liña de alta tensión soterrada de 15 kV con inicio e fin na liña de distribución SMC728, que discorre pola calzada entre os CT 15SCRN e CS 15CCRH, logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) + H16 mm2, Al, 6 m de lonxitude.
Centro de seccionamento en edificio prefabricado cunha cela compacta SF6 (3L1P SSAA 2TC+TT) con tres celas de liña con interruptor-secionador e telecontrol, e unha cela de SSAA con elementos de protección e transformador bifásico 300 VA 15-20 kV/230 V (24 kV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 3 de febreiro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña