Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación e ratificación do texto definitivo do convenio urbanístico-convenio de xestión POL-12 Rúa Nova de Arriba. Bueu (expediente 3078/2021).

Resolución da Alcaldía.

I. Datos do expediente.

Expediente

3078/2021-Código SIA-1430420

Procedemento

Convenios urbanísticos (aprobación, modificación ou extinción)

Unidade xestora

Departamento de Urbanismo

Documento

Resolución da Alcaldía de aprobación e ratificación do texto definitivo do convenio urbanístico-convenio de xestión POL-12 Rúa Nova de Arriba

Obxecto

Procedemento para a subscrición e aprobación do convenio urbanístico denominado Convenio urbanístico de cesión con reserva de aproveitamento de terreos incluídos dentro do ámbito de solo urbano non consolidado POL-12 Rúa Nova de Arriba. cruzamento do PXOM de Bueu, propiedade da familia Davila.

Terreo obxecto do convenio: r/ Nova de Arriba, nº 68, Bueu (Pontevedra).

Referencia catastral: 6061211NG1866S0001YW

II. Antecedentes.

1. Consta a Resolución de Alcaldía de aprobación do texto definitivo do convenio urbanístico-convenio de xestión POL-12 Rúa Nova de Arriba, do 9 de novembro de 2022, e núm. 2022-1676, a cal damos por reproducida e nos remitimos para todos os efectos, e que foi notificada a todos interesados, segundo documentos incorporados para tal efecto no expediente.

2. Dentro do prazo establecido para o efecto, varios dos interesados presentaron os seguintes escritos, e realízanse e acéptanse as modificacións do texto definitivo segundo o sinalado neles:

– Escrito presentado por Álvaro Davila Lobeira (DNI …8695..) do 1.12.2022 (RE núm. 2022-E-RE-3916), en que comunica que o propietario único da cuarta parte indivisa do predio, en virtude da escritura de adxudicación parcial de herdanza testada do seu pai, Álvaro Davila Juncal, outorgada o 1 de decembro de 2022, ante a notaria pública de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu protocolo número 2.076, e achega a documentación acreditativa para tal efecto.

– Escrito presentado por Elena Davila Pérez (DNI …8817..) do 19.12.2022 (RE núm. 2022-E-RC-6685), en que comunica o outorgamento de poder especial en favor de Aureliano Davila Juncal (DNI …1945..), o 19 de decembro de 2022, ante a notaria pública de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu protocolo número 2.171, e achega a documentación acreditativa para tal efecto.

Vistos os antecedentes sinalados, os informes técnicos e xurídicos, considerando o disposto nos artigos 9.8, 25.1, 18.1.c) e 61 do texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, e o artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e en virtude das atribucións conferidas a esta Alcaldía,

RESOLVO:

Único. Aprobar e ratificar a proposta de texto definitivo do convenio urbanístico obxecto do procedemento, coas modificacións sinaladas nos antecedentes. Transcríbese o seu texto a continuación, que deberá ser notificado aos interesados, con expresa indicación dos recursos oportunos. Igualmente, ordénase a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, co texto definitivo do mencionado convenio, unha vez formalizado. Deberá indicarse expresamente que este será asinado dentro dos quince días seguintes ao da notificación do presente acordo de aprobación do texto definitivo polas persoas interesadas, segundo o indicado nos artigos 168.4 da LSG e 402.1 do RLSG:

Convenio urbanístico de cesión con reserva de aproveitamento de terreos incluídos dentro do ámbito de solo urbano non consolidado POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento do PXOM de Bueu, propiedade da familia Davila.

En Bueu

Comparecen:

Dun lado:

María Elena Teresa Davila Juncal, maior de idade, titular do DNI número ...0725.., veciña de..., con domicilio en...

Aureliano Davila Juncal, maior de idade, titular do DNI número ...1945.., veciño de..., con domicilio en...

Lino Davila Piñeiro, maior de idade, titular do DNI número ...1372.., veciño de..., con domicilio en...

Patricia Davila Souto, maior de idade, titular do DNI número …9968.., veciña de..., con domicilio en...

Álvaro Davila Lobeira, maior de idade, titular do DNI número …8695.., veciño de..., con domicilio en...

E doutro,

Félix Juncal Novas, maior de idade, titular do DNI número …9265.., veciño de..., con domicilio en...

Interveñen:

María Elena Teresa Davila Juncal, Elena Davila Piñeiro, Lino Davila Piñeiro, Patricia Davila Souto e Álvaro Davila Lobeira, no seu propio nome e dereito.

Aureliano Davila Juncal, en nome e representación de Carlos Davila Piñeiro, maior de idade, titular do DNI número …8011.., con domicilio en... e Miguel Davila Piñeiro, maior de idade, titular do DNI número …0399.., con domicilio en... segundo poder especial outorgado por ambos no seu favor, o 18 de novembro de 2021, ante a notaria pública de Terrasa, Cristina García Lamarca, baixo o seu protocolo número 1.696, e igualmente en nome e representación de Elena Davila Piñeiro, maior de idade, titular do DNI número ...8817.., con domicilio en... segundo poder especial outorgado no seu favor, o 19 de decembro de 2022, ante a notaria pública de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu protocolo número 2.171.

Félix Juncal Novas, na súa condición de alcalde-presidente do Concello de Bueu, e no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ambas as partes recoñécense, respectivamente, a capacidade, competencia e representación necesaria para o outorgamento do presente documento de convenio urbanístico, e para tal efecto

Expoñen:

I

Que María Elena Teresa Davila Juncal, Carlos Davila Piñeiro, Miguel Davila Piñeiro, Elena Davila Piñeiro, Lino Davila Piñeiro, Patricia Davila Souto e Álvaro Davila Lobeira son propietarios por cuartas partes iguales e indivisas do seguinte predio:

• Descrición: terreo a froiteiras, horta e labradío, cunha superficie de mil trescentos oitenta metros cadrados e cincuenta decímetros cadrados, segundo a certificación catastral, a súa superficie é de mil oitocentos catro metros cadrados, e segundo a medición realizada no ano 2006 (base de escritura pública do 14 de decembro de 2006, outorgada ante a notaria de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, co seu número de protocolo 2.127) a súa superficie é de mil oitocentos corenta e tres metros cadrados e trinta decímetros (1.843,30 m2).

• Estremas: o predio está hoxe sinalado co número 68 do lugar de Rúa Nova de Arriba. As súas estremas son: norte, Rúa Nova e Rosa Martínez Estévez; sur, estrada xeral C-550; leste, Rosa Martínez Estévez e hdros. de Salvador Menduíña Ferradás, e oeste, praza Rúa Nova.

Referencia catastral: terreos inscritos coa referencia 6061211NG1866S0001YW.

• Títulos:

– A María Elena Teresa Davila Juncal: perténcelle a súa cuarta parte indivisa en virtude da escritura de aceptación e adxudicación parcial de herdanza outorgada o 2 de agosto de 2002, ante a notaria pública de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu protocolo número 780, a cal é o resultado da agrupación realizada en escritura pública do 31 de agosto de 2005, outorgada ante a notaria de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu número de protocolo 1.157.

– A Carlos Davila Piñeiro, Elena Davila Piñeiro, Miguel Davila Piñeiro e Lino Davila Piñeiro: perténcelles a súa cuarta parte indivisa en virtude da escritura de apartación outorgada polo seu pai, Aureliano Davila Juncal, o 6 de novembro de 2020, ante o notario público de Pontevedra, José Pedro Riol López, baixo o seu protocolo número 2.413, coas emendas realizadas por escritura outorgada o 13 de novembro de 2020, ante o notario público de Pontevedra, José Pedro Riol López, baixo o seu protocolo número 2.498.

– A Patricia Davila Souto: perténcelle a súa cuarta parte indivisa en virtude da escritura de mellora outorgada o 30 de marzo de 2017, ante a notaria pública de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu protocolo número 657.

– A Álvaro Davila Lobeira: perténcelle a súa cuarta parte indivisa en virtude da escritura de adxudicación parcial de herdanza testada do seu pai, Álvaro Davila Juncal, outorgada o 1 de decembro de 2022, ante a notaria pública de Bueu, María del Carmen Piñeiro Pena, baixo o seu protocolo número 2.076.

• Rexistro: tomo 1658, libro 138, folio 221, predio 11220 sen o citado exceso.

II

Que o predio do cal son cotitulares a familia Davila está situado dentro da zona denominada POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento do Plan xeral de ordenación urbana municipal do Concello de Bueu, instrumento de ordenación urbanística que foi aprobado o 22 de setembro de 2017 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 16 de outubro de 2017.

Trátase dun solo urbanisticamente clasificado como solo urbano non consolidado rexido pola ordenanza U4 de bloque aberto.

Xúntase como anexo I desta escritura a ordenación do ámbito POL-12 recollida no PXOM en que se detalla que a ordenación urbanística ten como finalidade a formalización dun espazo central na trama urbana da Rúa Nova, de modo que se reordenen as accesibilidades para evitar os conflitos actuais e se complemente a oferta dotacional e de espazos libres neste punto estratéxico.

Parámetros

Superficie total

3.416 m2

Máxima edificabilidade

0,85 m2/m2

Usos previstos

Vivenda colectiva e usos complementarios

Aproveitamento tipo

0,9316 m2/m2

Uso característico

Vivenda colectiva

Dotacións do sistema local

410

Zona verde pública (ZL-64)

861 m2

Equipamento comunitario (RE-17)

499 m2

Viario público

O sinalado en planos

Prazas de aparcadoiro

19

Altura máxima

Baixo e 2 pisos

Na propia ficha urbanística da zona prevese:

Realización dun estudo de detalle que reaxuste as aliñacións e rasantes establecidas nos planos de ordenación e produza a ordenación.

En relación coa regulación pormenorizada dos usos principais e compatibles e nos demais aspectos non recollidos, será de aplicación o disposto na ordenanza U4 de bloque aberto.

Para os efectos da xestión do ámbito constituirá un polígono de execución en solo urbano non consolidado que pertence ao distrito de Beluso.

O 30 % do aproveitamento residencial destinarase a vivendas sometidas a algún réxime e protección oficial.

Xúntase como anexo II o plano en que se identifica a situación do predio descrito e como anexo III ficha urbanística.

III

Que unha parte dos terreos propiedade da familia Davila incluídos no ámbito de actuación urbanística área de repartición POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento está hoxe destinado a aparcadoiro público.

Esta franxa enmárcase nun proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba que pretende potenciar estes espazos libres mediante a ordenación de prazas de aparcadoiro e urbanización no contorno inmediato.

IV

Sendo de interese para o Concello de Bueu a pronta obtención dos terreos incluídos no proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba coa única finalidade de poder iniciar canto antes as obras proxectadas; a través deste convenio urbanístico, non considerando procedente a obtención destes terreos a través doutros mecanismos que a normativa habilite, como a ocupación directa ou a expropiación forzosa, por atrasar excesivamente a disposición dos terreos, o Concello de Bueu e os irmáns Davila chegaron a un acordo suxeito as seguintes,

Cláusulas

Primeira. O presente convenio urbanístico persegue un dobre obxectivo, por un lado, obter, por parte do Concello de Bueu, os terreos necesarios para facilitar a pronta execución do proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba, e por outro, garantir os dereitos de propiedade dos titulares cedentes, efectuando a correspondente reserva de aproveitamento urbanístico para a súa materialización na propia unidade de actuación área de distribución POL12-Rúa Nova de Arriba-cruzamento do PXOM de Bueu onde se atopan localizados os terreos que se van ceder ao Concello.

Segunda. Que os propietarios dos terreos descritos no expoñendo primeiro destinados a prazas de aparcamento a que se refire o expoñendo terceiro ambos os dous deste convenio urbanístico, ceden, libre de cargas e gravames, a súa propiedade fiduciaria a favor do Concello de Bueu, como cesión anticipada a conta da que por lei corresponderalles ceder no desenvolvemento urbanístico da zona área de repartición POL12-Rúa Nova de Arriba-cruzamento:

A parcela catastral núm. 6061211NG1866S0001YW de 864,86 m2 de superficie.

Xúntase plano identificativo en que figura a superficie da parcela cuxa propiedade fiduciaria se cede previamente ao Concello para facilitar a pronta execución do proxecto de mellora de espazos libres da Rúa Nova de Arriba.

No caso de producirse un erro na medición da superficie finalmente ocupada ou da superficie necesaria para a realización da obra (que podería detectarse, por exemplo, no momento da medición dos predios para elaborar o instrumento de equidistribución), aclárase aquí que o obxecto deste convenio abrangue todos os metros cadrados que, con carácter fiduciario, ocupará o Concello para acometer o proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba.

Polo tanto, prevalece o que efectivamente se ocupa con carácter fiduciario para desenvolver o sinalado proxecto sobre o expresado neste convenio urbanístico.

Terceira. Que o Concello de Bueu aproba a través deste documento a realización dunha reserva de aproveitamento, a favor dos citados propietarios. En concreto, mediante este convenio urbanístico e mediante os instrumentos urbanísticos ou propiedade dominical que sexan precisos outorgar para o seu cumprimento, os outorgantes precisan que á citada superficie que conforma o obxecto deste convenio queda reservado aos irmáns Davila o 90 % do aproveitamento tipo determinado polo PXOM para o ámbito de actuación (área de repartición POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento) –0,9316 m2 t/m2 s–, tendo en conta a cesión obrigatoria do 10 % do aproveitamento tipo en actuacións de urbanización en solo urbano non consolidado segundo o artigo 21 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Os outorgantes acordan precisar que nin a cesión fiduciaria nin a execución do proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba prexudican o desenvolvemento urbanístico que lles corresponde aos irmáns Davila pola titularidade dominical dos predios situados na zona de área de repartición POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento da cal son copropietarios.

Que o desenvolvemento urbanístico correspondente aos predios propiedade dos irmáns Davila na área de repartición POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento para os que este convenio urbanístico prevé a cesión fiduciaria, deberá establecerse e materializarse como propiedade dos cedentes no proxecto de reparcelación ou no proxecto de equidistribución que deberá redactarse e aprobarse no desenvolvemento urbanístico da área de repartición POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento.

Cuarta. Que o Concello de Bueu acepta a cesión fiduciaria da porción de terreo que se especifica na cláusula primeira deste convenio e, por acordo expreso da familia Davila cedentes, especifica o Concello que recibe a propiedade fiduciaria única e exclusivamente para adscribir o indicado terreo (parcela catastral núm. 6061211NG1866S000YW de 864,86 m2) á execución da obra proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba.

Coa sinatura deste convenio, o Concello de Bueu toma posesión inmediata dos terreos cuxa propiedade fiduciaria se cede (parcela catastral núm. 6061211NG1866S000YW) de 864,86 m2, quedando reservada a posesión mediata para a familia Davila.

Quinta. Que o Concello de Bueu, tras a súa inmediata toma de posesión, procederá a xestionar cos demais propietarios dos terreos destinados a espazos libres que estean no ámbito da área de repartición POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento a consecución da cesión anticipada dos terreos que precisa para acometer o proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba.

Se, por calquera causa incluídas a forza maior ou caso fortuíto, a tramitación do proxecto de mellora e a súa posterior execución non se iniciasen no prazo máximo de dous anos desde a data de aprobación do presente convenio urbanístico, a inmediata posesión do Concello sobre os terreos cedidos fiduciariamente polos irmáns Davila (parcela catastral núm. 60612111NG1866S0001YW de 864,86 m2) quedará extinguida e resolverase a titularidade fiduciaria do Concello respecto da parcela indicada.

As partes recoñecen o carácter esencial do prazo previsto nesta cláusula.

Sexta. Que a posta en marcha do proxecto de mellora de espazos libres na Rúa Nova de Arriba será comunicada polo Concello de Bueu á familia Davila nalgún dos domicilios sinalados na epígrafe deste convenio urbanístico con precisión da data en que se produza a execución e comunicación do convenio ou convenios urbanísticos ou doutro tipo de acordos que se acadasen cos restantes propietarios dos terreos situados no ámbito do POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento.

No prazo máximo dun ano e medio, que se computará a partir da data de sinatura e entrada en vigor deste convenio, o Concello comprométese a iniciar, pola súa conta, o desenvolvemento urbanístico do ámbito mediante a tramitación e aprobación do proxecto de reparcelación ou o proxecto de equidistribución do ámbito e, se é o caso, o estudo de detalle.

Na redacción do proxecto de reparcelación ou, na súa falta, do proxecto de equidistribución, considerarase que a familia Davila son titulares do 53,96 % dos predios orixinais do ámbito e, sexa a través da audiencia de propietarios ou por outra vía, ponderaranse as porcentaxes para dar preferencia ás propostas razoables realizadas conforme a dereito pola familia Davila como propietarios maioritarios dos predios de orixe en canto á localización do aproveitamento que lles corresponde.

As partes recoñecen o carácter esencial do prazo previsto nesta cláusula.

Sétima. Que o Concello de Bueu e a familia Davila acordan que as vivendas de protección oficial, que constitúen o 30 % da edificabilidade xerada na zona, se é posible, serán de promoción pública e se residenciarán nun edificio independente en que, de non ter sido monetizado, tamén se localizará o aproveitamento lucrativo municipal xerado neste ámbito.

O Concello acorda que a urbanización correspondente á familia Davila que xere a súa titularidade dos predios orixinarios no ámbito (incluídos os aproveitamentos urbanísticos orixinados polo predio obxecto de cesión fiduciaria neste convenio urbanístico) e excluíndo a parte do aproveitamento urbanístico relacionados con vivendas de protección oficial, concretarase no proxecto de reparcelación ou de equidistribución, se é posible, en edificio independente, cuxa localización responderá ás preferencias destes propietarios.

Isto tendo en conta que a familia Davila posúe o 53,96 % da titularidade dos predios de orixe.

Oitava. Este convenio urbanístico ten natureza e carácter xurídico-administrativo.

En todo o non expresamente regulado neste convenio, as partes someteranse ao disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 86 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, artigos 18, 25 e 61 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e de rehabilitación urbana, nos correspondentes artigos da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do Decreto 143/2013, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e demais normativa aplicable en cada momento.

Novena. Segundo os artigos 165 e ss. da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, este convenio é un convenio urbanístico de xestión.

Así mesmo, cúmprense os principios xerais da actividade urbanística pública, competencia dos concellos, procurando que o uso do solo se realice de acordo co interese xeral e coa función social da propiedade, nas condicións establecidas na normativa urbanística e nas demais normas de aplicación, promovendo o desenvolvemento territorial e urbano sustentable, mellorando a calidade de vida da poboación, garantindo a participación da comunidade, representada polo Concello, nas plusvalías xeradas pola propia actividade urbanística pública e garantindo a repartición equitativa de todos os propietarios.

Décima. As controversias que se susciten entre as partes, calquera que sexa o seu obxecto, serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa, unha vez esgotada a vía administrativa.

Undecima. O Concello disporá da publicidade deste convenio de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Décimo segunda. O Concello de Bueu asumirá integramente todos e cada un dos gastos derivados deste convenio urbanístico, do outorgamento dos documentos públicos ou privados necesarios para o seu cumprimento, así como das correspondentes publicacións oficiais.

Ademais, imputará con cargo á partida 151-227.06 do seu orzamento dedicado á redacción e elaboración de proxectos, o importe estimado de 18.089,50 € IVE engadido segundo a oferta económica de taxas pola redacción do estudo de detalle e do proxecto de reparcelación.

As partes comprométense a asinar todas as correccións ou documentos que sexan necesarios para a constancia rexistral da transmisión da propiedade fiduciaria.

Décimo terceira. Os termos deste convenio adquiren plena vixencia, validez e efectividade desde a data da súa sinatura, de conformidade co disposto no artigo 168.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 402 do Decreto 143/2013, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

A modificación do contido deste convenio requirirá o acordo unánime dos asinantes.

O presente convenio terá unha duración de dous anos desde a data da súa sinatura prorrogaranse os seus efectos ata o total cumprimento dos compromisos adquiridos.

Décimo cuarta. Para o seguimento e a avaliación do grao de execución do convenio, así como da súa interpretación e cumprimento, ambas as partes acordan constituír unha comisión mixta paritaria integrada por dous representantes de cada unha das partes asinantes. A Comisión de Seguimento reunirase sempre que o solicite algunha das partes, así como no caso de que durante a súa execución xurda calquera tipo de controversia.

Décimo quinta. En caso de incumprimento por parte do Concello de Bueu, aplicarase a indemnización que resulte da lexislación vixente en cada momento.

Sen prexuízo do anterior, transcorrido un ano desde a data de sinatura e entrada en vigor deste convenio, e non se iniciase a tramitación do estudo de detalle, do proxecto de reparcelación ou, subsidiariamente, do proxecto de equidistribución do POL-12. Rúa Nova de Arriba-cruzamento, o Concello de Bueu recoñece á familia Davila a facultade de impulsar a redacción e aprobación do estudo de detalle e do proxecto de reparcelación ou equidistribución da zona.

A redacción do estudo de detalle e do proxecto de reparcelación ou subsidiariamente de equidistribución será pola conta do Concello, aínda que os redactores profesionais serán contratados pola familia Davila.

E como proba da súa conformidade, as partes asinan este convenio urbanístico en todos as súas follas, no lugar e na data indicados na marxe.

ANEXO I

Ordenación do ámbito

ANEXO II

Situación do predio

ANEXO III

Ficha urbanística

POL-12 Rúa Nova de Arriba-cruzamento.

A actuación ten por obxecto a formalización dun espazo central na trama urbana da Rúa Nova, de modo que se reordenen as accesibilidades para evitar os conflitos actuais e se complemente a oferta dotacional e de espazos libres neste punto estratéxico.

Parámetros:

– Superficie total:

3.416 m2

– Edificabilidade máxima:

0,85 m2/m2

– Usos previstos:

Vivenda colectiva e usos complementarios

– Aproveitamento tipo:

0,9316 m2/m2

– Uso característico:

Vivenda colectiva

– Dotacións de sistema local:

410

– Zona verde pública (ZL-64):

861 m2

– Equipamento comunitario (RE-17):

499 m2

– Viario público:

Indicado nos planos

– Prazas de aparcadoiro:

19

– Altura máxima:

Baixo e dúas plantas

Realizarase un estudo de detalle que reaxuste as aliñacións e rasantes establecidas nos planos de ordenación e produza a ordenación.

En relación coa regulación pormenorizada de usos principais e compatibles e nos demais aspectos non recollidos, estarase ao disposto na ordenanza U4 de bloque aberto.

Para os efectos de xestión o ámbito constituirá un polígono de execución en solo urbano non consolidado, que pertence ao distrito de Beluso.

O 30 % do aproveitamento residencial destinarase a vivenda suxeita a algún réxime de protección oficial.

Plan xeral de ordenación municipal de Bueu. Normativa urbanística 189

Documento formalización Orde do 13 de marzo de 2017 CMAOT

missing image file
missing image file

O que se fai público en cumprimento do sinalado no artigo 403 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Bueu, 17 de xaneiro de 2023

Félix Juncal Novas
Alcalde