Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea B.M. II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea B.M. II e da concesión administrativa que a ampara, resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa da metade indivisa da concesión administrativa e da batea que a continuación se indica, a favor de María Montserrat Blanco Reboiras, con NIF ***3586**, en calidade de usufrutuaria vitalicia:

Tipo: batea.

Nome: B.M. II.

Cuadrícula: 168.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Enrique Sánchez Ábalo, con NIF ***7804** (50 % con carácter privativo) e Ángel Manuel Sánchez Ábalo, con NIF ***8063** (50 % con carácter privativo).

Novos titulares: María Montserrat Blanco Reboiras, con NIF ***3586** (50 % con carácter privativo en calidade de usufrutuaria vitalicia) e Ángel Manuel Sánchez Ábalo (50 % con carácter privativo).

Esta autorización outórgase baixo as seguintes condicións particulares:

Primeira. A transmisión desta metade indivisa da concesión e da batea B.M. II a favor de María Montserrat Blanco Reboiras autorízase na súa condición de usufrutuaria vitalicia do viveiro; o dito dereito de usufruto réxese polo establecido na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.

Segunda. Non se autorizarán, por esta Consellería do Mar, transmisións inter vivos desta metade indivisa da concesión e da batea B.M. II realizadas por María Montserrat Blanco Reboiras, sen o consentimento da persoa propietaria sen usufruto.

Terceira. A transmisión mortis causa desta metade indivisa da concesión e da batea B.M. II correspondente a María Montserrat Blanco Reboiras autorizarase, por esta Consellería do Mar, unicamente a favor da persoa propietaria sen usufruto.

Cuarta. A extinción do dereito de usufruto de María Montserrat Blanco Reboiras sobre a metade indivisa da concesión e a batea B.M. II, implicará a transmisión da dita metade indivisa da concesión e da batea B.M. II a favor da persoa propietaria sen usufruto.

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Notificar a presente resolución á persoa interesada coa indicación de que contra ela, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña