Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023 pola que se declara deserto o procedemento para o outorgamento dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe dos portos de Cariño, Burela e Viveiro, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia núm. 141, do 26 de xullo de 2022, publicouse a Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se fai pública a convocatoria para o outorgamento dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe dos portos de Cariño, Burela e Viveiro, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Logo de que o interesado no procedemento advertiu que na plataforma SILEX (licitación electrónica da Xunta de Galicia) non se habilitara este, e rematado o prazo de presentación de ofertas, realízase unha nova convocatoria pública para o outorgamento dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe, que conserva todos os actos preparatorios do expediente tramitado e as bases e pregos reguladores da convocatoria.

Mediante a Resolución do 1 de setembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 180, do 21 de setembro, fíxose pública a nova convocatoria dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe dos portos de Cariño, Burela e Viveiro, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

En virtude do establecido no número 3 da Resolución do 1 de setembro de 2022, o prazo para a presentación de ofertas en relación con este procedemento rematou o 22 de outubro de 2022 e, segundo consta no certificado do 24 de outubro de 2022, emitido pola plataforma de licitación SILEX da Xunta de Galicia, non foi presentada ningunha oferta en relación con este procedemento.

Á vista do exposto, o 18 de setembro de 2022 constiuíse a Mesa de Contratación, nomeada en relación con este procedemento que, non tomou acordos no citado procedemento por falta de licitadores, ao non se ter presentado ningunha oferta para optar á súa adxudicación.

Sobre a base do disposto, e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 150.3 da Ley 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e en virtude das atribucións polo artigo 12.3.g) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia,

RESOLVO:

Declarar deserto o procedemento convocado para o outorgamento dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe dos portos de Cariño, Burela e Viveiro, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, por falta de ofertas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia