De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos foron adoptados pola xefa da Área Provincial.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de febreiro de 2023
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36-BONOV-031/2021.
DNI: 35583781K.
Acto obxecto de notificación: requirimento de emenda.
Expediente:- VI482F3600550.
DNI: 35643684D.
Acto obxecto de notificación: requirimento de emenda.