Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 26 de xaneiro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de xaneiro de 2023 relativa á revisión do esbozo do Monte Veciñal en Man Común de Hedrada pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Hedrada, no concello de Vilariño de Conso.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC de Hedrada, pertencente á CMVMC de Hedrada, no concello de Vilariño de Conso, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 11.7.2022, a CMMVVMC de Hedrada presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/1813695) de revisión de esbozo do MVMC de Hedrada, no concello de Vilariño de Conso.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 7.4.2022.

– Informe e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 9 de novembro de 2022 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares, así como tamén unha parte do perímetro estremeiro co MVMC de San Mamede. O perímetro estremeiro entre ambos os montes pode dividirse en tres tramos:

– Un 1º tramo, situado máis ao E do MVMC de Hedrada, non incluído na proposta de revisión, e afectado polo acordo de deslindamento do antecedente 3.

– Un 2º tramo obxecto de revisión por parte de ambas as dúas comunidades e en que a referencia do límite é o río Conso. Nesta zona obsérvase un solapamento dunhas 2,3 ha, entre a proposta de San Mamede e mais a actual dixitalixación do esbozo de Hedrada. Porén, as carpetas-ficha de ambos os montes fixan inequivocamente o linde nesa zona no río Conso, polo que se conclúe unha evidente falta de precisión na dixitalización actual dos esbozos que pasa a corrixirse coas propostas de revisión, consideradas admisibles.

– Un 3º tramo, situado máis ao O, non incluído na liña de revisión proposta xa que nas memorias achegadas por as ambas comunidades considérase que se trata dunha zona en litixio onde existe un solapamento na porción de terreo situada entre Campo de García Diz, Alto do Val do Cobo, Cabezo do Alto do Roupeiro, Lombo da Porfía ata o río Conso, arroio do Val da Cenza e Alto de Cernadiño. De feito, nas poligonais finais que as dúas comunidades achegan logo de ter en conta os tramos revisados, ambas inclúen esta zona como integrante dos seus montes.

A superficie do MVMC de Hedrada, unha vez revisado o esbozo, sería de 830,54 ha fronte ás 893 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 7,0 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente a revisión do esbozo do MVMC de Hedrada, de xeito que o perímetro quedaría revisado nas estremas con particulares e máis nunha parte da veciñanza co MVMC de San Mamede (2º tramo). Quedarían pendentes de definir ou deslindar os restantes tramos lindeiros co MVMC de San Mamede (1º e 3º tramo) así como tamén cos MMVVMC Monte de Entrecinsa e Veiga de Camba e co monte patrimonial Invernadeiro.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 9 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes en Man Común acordou por unanimidade o día 13 de decembro de 2022:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do Monte Veciñal en Man Común de Hedrada, pertencente á CMVMC de Hedrada, no concello de Vilariño de Conso.

Ourense, 26 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense