Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de reforzo do firme localizado na estrada AC-550, treito: Noia-Ribeira, no concello de Porto do Son (clave AC/20/129.02).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 29 de abril de 2022, a Xunta de Galicia aprobou o proxecto de reforzo do firme localizado na estrada AC-550, treito: Noia-Ribeira, de clave AC/20/129.06, no concello de Porto do Son.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para a reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Porto do Son, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Porto do Son.

Lugar: Casa do Concello de Porto do Son.

Data: 2 de marzo de 2023, ás 10.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Porto do Son e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer nº 2-8º andar, 15071 A Coruña), e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0318.html

Así mesmo, realizaráselles a convocatoria aos interesados para o levantamento das actas previas mediante notificación individual.

A acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como o certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria; tamén poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación e habilitado o crédito oportuno, procederá ao pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, no lugar e na data que se indican:

Termo municipal de Porto do Son.

Lugar: Casa do Concello de Porto do Son.

Data: 2 de marzo de 2023, ás 10.30 horas.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, e advírteselles aos titulares que na acta figurarán os donos do ben ou titulares do dereito expropiado, non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso; deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer nº 2-8º andar, 15071 A Coruña), as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención vixentes nas datas de realización dos actos convocados no presente anuncio.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2023

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña