Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de xaneiro de 2023 polo que se anuncia o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada por Astilleros Garrido, S.L. dunha concesión administrativa no porto do Grove.

A entidade Astilleros Garrido, S.L. solicitou a Portos de Galicia unha concesión administrativa para ocupar 2.710 m2 no dominio público portuario do porto do Grove con destino a varada e reparación de embarcacións.

En cumprimento dos artigos 68 e 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que nun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, e que deberán reunir os requisitos previstos no artigo 70 da citada Lei 6/2017.

A seguir, defínense expresamente os criterios de valoración das propostas, tendo en conta que a valoración máxima de cada proposta serían 100 puntos e que en caso de igualdade de puntuación se terá en conta a orde na presentación:

• Rendibilidade e taxas portuarias: valorarase con 30 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor de taxa de ocupación do dominio público portuario (TODP), considerando a superficie e o uso que se vai desenvolver nela. A valoración será de 0 puntos á proposta con menor valor, o máximo número de puntos á proposta con maior valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

• Interese portuario e adecuación á planificación portuaria usos portuarios: segundo o punto 3.3.6 da DEUP do porto do Grove vixente, no que se definen as actividades complementarias compatibles na zona obxecto do trámite de competencia, asignaranse as seguintes puntuacións ás propostas:

– 30 puntos sobre 100 a aquelas propostas que desenvolvan usos complementarios vinculados directamente coa actividade portuaria como: estaleiros, varadoiros e construción/reparación naval.

– 10 puntos sobre 100 a outros usos complementarios vinculados directamente coa actividade portuaria como: loxística, almacéns, manipulación de produtos do mar, avituallamento e venda de efectos navais.

– 5 puntos sobre 100 a outros usos complementarios como: ocio e hostalaría, aparcadoiro...

– 0 puntos sobre 100 a calquera outra actividade.

• Medidas ambientais propostas relativas á actividade que se vai desenvolver: valorarase con 20 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor. A valoración será de 0 puntos á proposta con menor valor, o máximo número de puntos á proposta con maior valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

• Investimento: valorarase con 15 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor. A valoración será de 0 puntos á proposta con menor valor, o máximo número de puntos á proposta con maior valor e interpolando de maneira lineal o resto delas

• Explotación e coordinación co resto de operacións portuarias: valorarase con 5 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación a aquelas propostas que xustifiquen adecuadamente que desenvolverán actividades na zona de servizo do porto que presten servizo, supoñan sinerxias ou demanden servizos doutros usuarios ou industrias existentes do porto. A valoración será de con 0 puntos sobre 100 a aquelas propostas que pola súa natureza desempeñen actividades que requiran algún tipo de coordinación co resto de actividades no porto, o máximo número de puntos segundo o criterio anterior e interpolando de maneira lineal o resto delas. Unha vez recibidas todas as propostas, segundo é indicado no artigo 70.8, seleccionarase a proposta mellor valorada mediante resolución da Presidencia de Portos de Galicia.

As solicitudes poderán presentarse mediante o formulario PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixidas á Área de Explotación e Planificación. O plano de situación da concesión solicitada está á disposición do público para o seu exame na páxina web www.portosdegalicia.es, na epígrafe de«comunicacións e avisos» e dentro de «procesos de información pública».

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia