Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto da planta solar fotovoltaica Epifanio Campo Villalonga, no concello de Sanxenxo, da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2022/006-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Rodonita Energía, S.L.

Denominación do proxecto: proxecto de instalación fotovoltaica Epifanio Campo Villalonga (sinatura electrónica do 14 de decembro de 2022 por Lucía Lampón Bretón).

Concello afectado: Sanxenxo (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 980 kW.

Produción neta anual estimada: 1.604 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 319.352,76 €.

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Instalación solar fotovoltaica de 980 kW de potencia nominal (1.028,16 kWp), formada por:

• Mil novecentos catro (1.904) módulos fotovoltaicos de silicio monocristalino de alta eficiencia, de 540 Wp.

• Estrutura soporte dos módulos fotovoltaicos metálica fixa, con inclinación de 25º e fincados directamente ao chan.

• Catro (4) inversores de potencia unitaria 245 kW, limitada á potencia de acceso autorizada.

– Centro de transformación (CT) en caseta prefabricada que albergará un transformador de 1.000 kVA de aceite, con relación de transformación 20/0,8 kV, un cadro de baixa tensión, os servizos auxiliares, unha cela de protección do transformador, unha cela de liña e os elementos de control.

– Centro de protección, medida e control (CPMC) en caseta prefabricada con: dúas celas de liña, cela de remonte, cela de medida e cela de protección.

– Liña de evacuación soterrada con cable de 240 mm² de sección, condutor de aluminio RHZ1-2OL, tensión asignada 12/20 kV, composta por dous tramos:

• Tramo 1: de 240 metros de lonxitude, desde a caseta do centro de transformación ata o centro de protección, medida e control.

• Tramo 2: de 188 metros de lonxitude, desde o centro de protección, medida e control ata o centro de seccionamento existente.

Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O que se fai público, de conformidade cos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual aos afectados.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto estará á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa no número de teléfono 986 80 52 25, así como nas dependencias municipais do concello de Sanxenxo. Tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de predio

Referencia catastral

Termo municipal

Titular

Servidume de paso (m²)

Infraestrutura

Cultivo/uso da parcela

1

3702567NH1030S0001KQ

Sanxenxo

Mª Luisa Padín Rey

10,36

Liña soterrada

Labor ou labradío secaño/agrario