Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a unha persoa interesada a Resolución do 19 de decembro de 2022 relativa ao parque eólico Canedo, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido por Galfor Eólica, S.L. (expediente LU-11/136-EOL).

Por Resolución do 19 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Canedo, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido por Galfor Eólica, S.L. (expediente LU-11/136-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

A persoa interesada ou a súa representante legal deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, andar 4º, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Persoa interesada

Acto que se notifica

Helena Martín Mariño, en representación de Nivarda Fernández Fernández

Autorización administrativa previa e autorización de construción