Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12004

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS213E).

A través da Resolución do 17 de outubro de 2022, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS213E), convocouse o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva aos nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.

A epígrafe 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 17 de outubro de 2022 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 27 de xaneiro de 2023, ditada no procedemento BS213E, de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que se xuntará á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 27 de xaneiro de 2023 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a a partir do día seguinte ao da publicación deste resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 27 de xaneiro de 2023 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS213E).

A través da Resolución do 17 de outubro de 2022, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, incluído dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS213E), convocouse o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do Programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, á seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 17 de outubro de 2022, publicada o 31 de outubro de 2022 no Diario Oficial de Galicia nº 207.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao concerto:

– Calidade do proxecto técnico e instalacións en que se levará a cabo o servizo:

Criterios para a selección da entidade adxudicataria

Aldeas Infantiles SOS-Galicia

Faiben-Manaia

Sensibilización, difusión e captación

9,5

4,25

Proxecto formativo

5,75

2,5

Proxecto de intervención

13

5

Calidade do sistema de avaliación

4,5

1

Instalacións: dimensións, distribución e espazos

4,5

2

Instalacións: conservación e accesibilidade

3

1

Total calidade do proxecto téc. e instalación

40,25

15,75

– Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e corresponsabilidade:

Criterios para a selección da entidade adxudicataria

Aldeas Infantiles SOS-Galicia

Faiben-Manaia

Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral

0

0

Experiencia do persoal asignado ao proxecto

14

7

Formación do persoal asignado ao proxecto

15

15

Experiencia acreditada da entidade no ámbito de protección á infancia e adolescencia

10

10

Total medidas conciliación

39

32

Total de puntuación de criterios

Aldeas Infantiles SOS-Galicia

Faiben-Manaia

79,25

47,75

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:

Entidade:

Aldeas Infantiles SOS Galicia de Vigo

NIF:

G36639896

Código de procedemento: BS213E.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 31.10.2022.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.12.2023.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución da previsión de disposición de fondos MRR

(previsión para 30 NNA)

Tipo de custo

Ano 2023 (11 meses)

A) Custos tramo fixo

174.186,65 €

a.1) Custo de persoal

142.716,57 €

a.2) Custos indirectos

31.470,08 €

B) Custos tramo variable

639.397,00 €

b.1) Custos da dedicación exclusiva da familia acolledora

495.000,00 €

b.2) Custos de manutención de 30 NNA acollidos

144.397,00 €

Total

813.583,65 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2023. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude.