Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12009

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador, e se nomea o consello regulador provisorio.

Mediante a Orde da Consellería do Medio Rural, do 20 de xullo de 2020, aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador e nomeouse o consello regulador provisorio.

Este consello regulador provisorio ten como misión a posta en marcha e o impulso inicial da indicación xeográfica protexida ata acadar un número suficiente de inscritos que permita a realización dun proceso electoral mediante o cal esta corporación de dereito público se poida dotar duns órganos de goberno democráticos, conforme o establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores. A situación de pandemia vivida nos últimos anos supuxo un freo ao desenvolvemento inicial desta indicación xeográfica protexida e a realidade actual fai que sexa necesario manter este órgano provisorio por algún tempo máis.

Por outra parte, a persoa que viña ocupando a presidencia comunicou ao Pleno do Consello Regulador a súa vontade de deixar o cargo por motivos persoais. Por iso, o Pleno deste consello regulador, na reunión que mantivo o pasado día 14 de decembro, acordou propor á Consellería do Medio Rural unha modificación da composición deste órgano, cambio que implica que pasaría a exercer a presidencia unha persoa que antes estaba designada como vogal.

De acordo co anterior, e co disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único. Modifícase o artigo 2 da Orde do 20 de xullo de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador, e se nomea o consello regulador provisorio, que queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 2. Nomeamento do consello regulador provisorio

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pan Galego, con carácter provisorio, ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidente: Marcial Grela Rodríguez.

Vogais polo sector da produción de trigo:

– Miguel Calvo Bello.

– Fernando Almeida García.

– José Antonio Gamallo Gamallo.

Vogais polo sector da produción de fariña:

– Manuel da Cunha Pereira.

– Manuel Brandariz González.

Vogais polo sector das panadarías:

– Ceésar Fieiras Pérez.

– Guadalupe Gómez Franco.

– Ángel Lameiro Varela.

– Santiago Rodríguez Davila.

– Luís Rodríguez Álvarez».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural