Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece o centro Anchornáutica, S.L. como escola de navegación de lecer (Enal).

Antecedentes:

O centro Anchornáutica, S.L. solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 210/2022, do 1 de decembro, polo que se modifica o Decreto 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 239, do 19 de decembro).

2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

3. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regula a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras revisou a documentación que presentou o centro.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer o centro Anchornáutica, S.L. como escola de navegación de lecer (Enal).

Segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regula a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co número de rexistro XGEN061. O domicilio fiscal está situado na rúa García Barbón, núm. 30, planta 3, oficina núm. 9, 36201 Vigo.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio do instrutor/a ou da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade durante máis de tres (3) anos. A resolución publicarase no DOG.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes desde a notificación da presente resolución, segundo se dispón nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro