Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2023 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/94/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 16 de xaneiro de 2023, resolución na cal se declara que as obras consistentes na execución dunha construción principal coa tipoloxía dunha vivenda unifamiliar, así como na execución dunha construción auxiliar, en fase de execución, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Casares de Refoxos, concello de Cortegada, provincia de Ourense, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade número 45149371A, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística