Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0036/2022-ADV e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-LU-0036/2022-ADV e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

Celeiro, 18 de xaneiro de 2023

O xefe territorial de Celeiro
P.S. (Resolución do 15 de xullo de 2021, da conselleira do Mar)
Amador Prado Vázquez
Xefe do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0036/2022-ADV

33858702B

Inicio

Avenida Garabolos, 4, 2º D, Lugo

PSC-LU-0049/2022-PPM

32692609H

Inicio

Río Deza, 2, 4º A, Narón

PSC-LU-0050/2022-PPM

53517579Y

Inicio

Avenida de América, 12, Ribadeo

PSC-LU-0060/2022-PRE

33856063V

Inicio

Santaballa, 3, Vilalba

PSC-LU-0064/2022-PRE

00663925F

Inicio

R/ Antonio Machado, 5, baixo, Madrid

PSC-LU-0095/2022-PPM

34882478B

Inicio

Anca-Os Foxos, 1, baixo, Neda

PSC-LU-0096/2022-PPM

76408349A

Inicio

R/ Ensino, 5, 1º esq., Cedeira