Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2023 polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, de diversos bens inmobles situados nos concellos de Vilagarcía de Arousa e Lugo.

Ás 10.00 horas do día 14 de marzo de 2023 terá lugar na sala de xuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situado no Edificio Administrativo Igape no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida pola xerente, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral, un representante da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública e un/unha empregado/a público/a da Subdirección de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape, que actuará como secretario/a, a poxa pública dos bens inmobles patrimoniais do Instituto Galego de Promoción Económica que se describen a seguir e dos que foi acordado o seu alleamento mediante a Resolución do director xeral do 3 de xaneiro de 2023.

– Lote 1. Nave sita en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)-Pontevedra.

Natureza do predio: nave industrial.

Datos rexistrais: predio rexistral nº 14.661. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa: tomo 891, libro 309, folio 67, alta 20. Idufir: 360210001025248. Municipio: Vilagarcía de Arousa. Natureza do predio: urbana, nave.

Referencia catastral: 6947601NH11640001IO 6947601NH1164N0002OP.

Localización: rúa Veiga do Mar, nº 39 (Vilaxoán), Vilagarcía de Arousa. Código postal 36611.

Superficie: 13.219 m2. Superficie construída: 2.971,29 m2.

Lindeiros: norte, camiño; sur, herdeiros de Alfonso Ozores; leste, Ramón Tourís; e oeste, praia mar.

Descrición: terreo en que existen dúas naves:

• Unha nave de superficie de 1.631,29 m2.

• Unha nave de superficie de 1.300 m2.

• Unha casiña duns 40 m2, de planta baixa.

• Un transformador.

Poxa mínima: 320.000 €.

Tramos da poxa: 1.000 €.

– Lote 2. Conxunto de naves industriais sitas en Mazoi (Lugo).

Natureza do predio: conxunto de naves industriais

Datos rexistrais: predio rexistral 104.120, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo, tomo 1552, libro 1113, folio 152.

Referencia catastral: 27900A342004210000UE 27900A342004210001IR.

Localización: lugar Barcia, polígono 342, parcela 421, Sta. Eulalia de Mazoi, Lugo. Código postal 27290.

Superficie terreo: 26.837 m2.

Superficie construída 5.759 m2.

Poxa mínima: 127.700 €.

Tramos da poxa: 1.000 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben ante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na conta do Igape na entidade Abanca, con núm. ES83 2080 0388 2731 1000 0584.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión será de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape, no Edificio Igape, barrio de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, así como na páxina web do Igape no enderezo: www.igape.es

Teléfonos de información: 900 81 51 51 e 981 54 11 51.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica