Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10615

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 10/2023, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Ourense, dun treito da estrada OU-540, xunto co seu dominio público viario (DPV).

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O 30.11.2018 asinouse o Protocolo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Ourense para a mellora das estradas autonómicas no dito concello. No protocolo o Concello comprométese a asumir a titularidade da rúa Marcelo Macías, correspondente ao treito da OU-540 comprendido entre o p.q. 0+000 e o p.q. 1+320 (paso baixo a N-525), cunha lonxitude de 1.320 metros, unha vez finalizadas as obras.

O 14.6.2022 asinouse a acta de recepción da obra de reparación de servizos e firme na rúa Marcelo Macías de Ourense, de clave OU/18/138.02.

A estrada OU-540 ten unha lonxitude de 68.960 metros e o seu treito inicial, do p.q. 0+000 ao p.q. 1+320, pertence ao subtreito Ourense-Celanova, categorizado funcionalmente polo Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia como rede local.

O treito inicial da estrada OU-540 que se transferirá cumpre co punto 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, que estipula que estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial.

Trátase dun treito que discorre, na súa maior parte (ata o p.q. 1+080), por solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento urbanístico vixente no Concello de Ourense, cun marcado carácter local e urbano. Poren, no seu p.q. 1+150 dá comezo a zona do enlace coa estrada N-525 e no seu p.q. 1+220 ten o seu inicio a estrada provincial OU-0519, que dá acceso á capitalidade municipal do concello de Toén; polo tanto, desde o punto de vista da planificación, e por razóns de continuidade e xerarquía entre redes, enténdese que soamente sería susceptible de transferirse ao Concello de Ourense o treito da estrada OU-540 comprendido entre o p.q. 0+000 e o p.q. 1+150.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xaneiro de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Ourense, do treito da estrada OU-540, xunto co seu dominio público viario (DPV):

Clave

Treito que se transfire

P.Q.i

Coordenadas UTM (ETRS89)

P.Q.f

Coordenadas UTM (ETRS89)

OU-540

Ourense-Ourense (N-525)

0+000

X= 593.482

Y= 4.687.197

1+150

X= 592.508

Y= 4.686.603

– Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade, corrixindo a nomenclatura, os datos e a xeometría da estrada OU-540, que quedaría da seguinte forma:

Clave

Denominación

Treito

P.Q.i

P.Q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (Km)

Categoría funcional

Clase

de estrada

Provincia

OU-540

Ourense (N-525)-Fronteira

de Portugal (A Madalena)

Ourense (N-525)-Celanova

1+150

24+200

23,05

67,81

Local

Estrada

convencional

Ourense

OU-540

Ourense (N-525)-Fronteira de Portugal (A Madalena)

Celanova (OU-531)-Caseta de Ansemil

25+470

27+970

2,50

67,81

Local

Estrada

convencional

Ourense

OU-540

Ourense (N-525)-Fronteira de Portugal (A Madalena)

Caseta de Ansemil-Casal do Bispo (AG-31)

27+970

28+360

0,39

67,81

Complementaria

Estrada

convencional

Ourense

OU-540

Ourense (N-525)-Fronteira de Portugal (A Madalena)

Casal do Bispo (AG-31)-Bande

28+360

39+560

11,20

67,81

Estruturante

Estrada

convencional

Ourense

OU-540

Ourense (N-525)-Fronteira de Portugal (A Madalena)

Vilameá-Fronteira de Portugal (A Madalena)

41+240

71+910

30,67

67,81

Estruturante

Estrada

convencional

Ourense

O documento do Catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ourense deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Ourense, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación deste treito, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xaneiro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade