Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10619

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 11/2023, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Padrenda de dous treitos antigos da estrada OU-801, xunto co seu dominio público viario e da franxa de dominio público viario denominada Área recreativa da Agra.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Padrenda solicita o cambio de titularidade de varios terreos sobrantes localizados no núcleo da Agra, na confluencia das estradas autonómicas OU-801, OU-410 e OU-412, nos cales se localiza un parque infantil e unha área de recreo, cunha superficie de 2.360 m2.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade de dous treitos antigos da estrada OU-801, xunto co seu dominio público, e a franxa de dominio público da Área recreativa da Agra que se definen no artigo 1 por carecer de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xaneiro de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Padrenda de dous treitos antigos da estrada OU-801, xunto co seu dominio público viario e da seguinte franxa de dominio público viario:

Denominación

p.q.i da

conexión

Coordenadas UTM (ETRS89)

p.q.f da

conexión

Coordenadas UTM (ETRS89)

Lonx. aprox. (m)

Superficie

DPV (m2)

Treito antigo da OU-801 (V-18)

22+890 MD

x= 567.538

y= 4.667.042

22+970 MD

x= 567.600

y= 4.666.995

107

1.356

Treito antigo da OU-801 (V-19)

23+210 MD

x= 567.579

y= 4.666.827

23+420 MD

x= 567.396

y= 4.666.778

220

2.163

Franxa de DPV Área recreativa da Agra

23+050 ME

da OU-801

x= 567.659

y= 4.666.953

23+120 ME

da OU-801

x= 567.662

y= 4.666.881

2.360

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndelle ao Concello de Padrenda, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías e da franxa de dominio público viario, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xaneiro dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade