Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10404

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2022

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Beariz para a renovación da rede de abastecemento en Magros, concello de Beariz (Ourense), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 11.656,59 €, reaxustar as anualidades do convenio e modificar o título.

116.656,59 €

1.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Lobios para a execución da obra M.22004 – Mellora da rede de abastecemento no núcleo da Regada. Lobios (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Lobios que permitan ao concello acometer e incorporar ao patrimonio público a obra M.22004 –Mellora da rede de abastecemento no núcleo da Regada. Lobios (Ourense).

40.000,00 €

14.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Bola para a execución da obra M.22016 – Mellora das infraestruturas de depuración do Concello da Bola. A Bola (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a obra M.22016 - Mellora das infraestruturas de depuración no Concello da Bola. A Bola (Ourense).

47.882,43 €

14.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Valga para a execución da obra M.22007 – Mellora nos bombeos da Devesa, O Forno e Carracido e na estación depuradora de augas residuais de Valga (Pontevedra).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as actuacións M.22007- Mellora nos bombeos da Devesa, O Forno e Carracido e na estación depuradora de augas residuais de Valga (Pontevedra).

48.279,00 €

15.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cortegada para a execución da obra M.22010 – Saneamento na zona suroeste do núcleo rural de Seixomil. Cortegada (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cortegada que permitan a este acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as actuacións M.22010 – Saneamento na zona suroeste do núcleo rural de Seixomil. Cortegada (Ourense).

40.000,00 €

16.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cartelle para a execución da obra M.22014 – Construción de rede de saneamento no núcleo rural de Couxiliño. Cartelle (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cartelle que permitan a este acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as actuacións M.22014 – Construción de rede de saneamento no núcleo rural de Couxiliño. Cartelle (Ourense).

48.395,47 €

16.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Gudiña para a execución da obra M.22018 – Sistema de depuración en Carracedo da Serra. A Gudiña (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a obra M.22018 – Sistema de depuración en Carracedo da Serra. A Gudiña (Ourense).

52.000,00 €

16.9.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Coirós para o saneamento das parroquias da Agra-Figueiras, Colantres e lugar de Queirís. Coirós (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades do convenio e modificar o título.

850.000,00 €

20.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Muíños para a execución da obra M.22023 – Mellora do abastecemento en varios núcleos de Muíños. Muíños (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Muíños que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público a obra M.22023 – Mellora do abastecemento en varios núcleos de Muíños. Muíños (Ourense).

48.000,00 €

20.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución da actuación de mellora do saneamento no Concello de Rois. EDAR de Urdilde. Rois (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades e modificar o xeito en que o Concello realizará o aboamento da súa achega.

915.000,00 €

22.9.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Quiroga para o financiamento de actuacións de restablecemento de infraestruturas de abastecemento danadas por incendios forestais.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Quiroga que permitan a este acometer e incorporar ao patrimonio público municipal actuacións de abastecemento para retirar a tubaxe queimada nos incendios forestais e instalar unha nova tubaxe.

138.663,58 €

30.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Laracha para a execución da actuación de melloras na rede de abastecemento da Laracha. Fase I. ALaracha (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2024, reaxustar as anualidades, modificar o título do convenio e o xeito en que o Concello realizará o aboamento da súa achega.

2.093.967,90 €

4.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Baiona para a mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e no Camiño Pouquena en Sabarís. Concello de Baiona (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Reducir o importe do convenio en 49.477,38 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 30.6.2023 e reaxustar as anualidades do convenio.

550.522,62 €

11.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol para a mellora da rede de saneamento na parroquia de Roimil, no concello de Friol (Lugo), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe

REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 12.403,45 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades do convenio, modificar o título e o xeito en que o Concello realiza o pagamento da súa achega.

294.403,45 €

18.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Irixoa para a mellora da rede de saneamento na parroquia de Irixoa. Concello de Irixoa (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 6.676,39 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades do convenio e modificar o título.

316.676,39 €

4.11.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Riós para a execución da actuación denominada Mellora da rede de saneamento e abastecemento do Navallo. Riós (Ourense), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Riós que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación denominada Mellora da rede de saneamento e abastecemento do Navallo. Riós (Ourense).

406.606,67 €

9.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Melide para a ampliación do saneamento na parroquia de Santa María. Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Reaxustar as anualidades do convenio ao ritmo previsto de execución das actuacións.

150.000,00 €

28.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baltar para a execución de obras hidráulicas de mellora no concello de Baltar.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 30.6.2023, reaxustar as anualidades e modificar a data de presentación da documentación xustificativa.

87.921,06 €

2.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Oia para a execución da actuación de mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso. Fase 2. Oia (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia e reaxustar as anualidades do convenio.

375.000,00 €

6.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento Colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Treito A Malata-Ponte da estrada da Malata. Ferrol (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e reaxustar as anualidades.

900.000,00 €

11.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cualedro para a execución de obras de mellora do abastecemento en Lucenza e Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cualedro que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de mellora do abastecemento en Lucenza e Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense).

48.000,00 €

12.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baltar para a execución de obras no abastecemento de Garabelos, Texós e A Quinta, no concello de Baltar (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baltar que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de urxencia no abastecemento de Garabelos, Texós e A Quinta, no concello de Baltar (Ourense).

48.329,38 €

13.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Carballo para reducir o risco de inundación na ARPSI do río Anllóns, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Aumentar o importe do convenio en 3.335.731,02 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2024, reaxustar as anualidades do convenio e facer constar no título e no texto do convenio que as actuacións son susceptibles de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

6.335.731,02 €

15.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Veiga para a execución de obras de mellora das instalacións de abastecemento de auga no núcleo de San Lourenzo. Concello da Veiga (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Veiga que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de mellora das instalación de abastecemento de auga no núcleo de San Lourenzo.

48.000,00 €

15.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución das actuacións de mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Noia para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia (A Coruña). OH.315.1267, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

2.925.000,00 €

16.12.2022

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2023 ou ata a formalización do novo convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a xestión e explotación do sistema de saneamento e depuración de Ferrol e Narón, en caso de que se formalice antes do 31.12.2023.

Sen custo económico

19.12.2022

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Betanzos para a execución da actuación de mellora do sistema de abastecemento de Betanzos, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Aumentar o importe do convenio en 15.156,31 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 30.9.2023 e reaxustar as anualidades do convenio

1.477.186,54 €

20.12.2022

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón para a execución da actuación de mellora e optimización do funcionamento do sistema de saneamento das parroquias de Lestedo e Sergude e de nova rede de saneamento noutras parroquias. Concello de Boqueixón (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023 e reaxustar as anualidades do convenio.

1.947.695,02 €

20.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Reaxustar as anualidades do convenio ao ritmo previsto de execución das actuacións.

200.000,00 €

20.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boimorto para o saneamento en Viladóniga, O Outeiro e O Pedral. Boimorto (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Reducir o importe do convenio en 18.466,53 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades do convenio e modificar o título.

521.533,47 €

21.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Paderne de Allariz para o abastecemento a San Cristovo. Paderne de Allariz (Ourense), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Reducir o importe do convenio en 6.989,74 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades do convenio e modificar o título.

268.010,26 €

21.12.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución da actuación de mellora do saneamento no Concello de Rois. EDAR de Urdilde. Rois (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Reaxustar as anualidades e modificar o xeito en que o Concello realizará o aboamento da súa achega.

915.000,00 €

21.12.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Sada para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no núcleo urbano de Sada, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Distribuír as anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das actuacións obxecto do convenio.

1.575.000,00 €

23.12.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Campo Lameiro para o saneamento no núcleo de Reboredo. Concello de Campo Lameiro (Pontevedra), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Reducir o importe do convenio en 34.377,89 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023, reaxustar as anualidades do convenio e modificar o título.

365.622,11 €

23.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Coirós para o saneamento no núcleo da Anta, Coirós (A Coruña), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Coirós que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento do núcleo da Anta. Concello de Coirós (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

327.251,27 €

23.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a execución da actuación de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da Ría de Arousa. Ampliación da ETAP do sistema de abastecemento ao Barbanza. Padrón (A Coruña), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública Augas de Galicia e o Concello de Padrón que permitan a execución e posta en servicio da obra de mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. Ampliación da ETAP do sistema de abastecemento ao Barbanza. Padrón (A Coruña), de clave OH.215.1218, e que garantan a adecuada prestación do servizo público de abastecemento en alta a través do conxunto de infraestruturas localizadas no termo municipal de Padrón.

10.100.000,00 €

23.12.2022

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pontedeume para a execución de actuacións de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase I. Concello de Pontedeume (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2023 e reaxustar as anualidades do convenio.

4.300.000,00 €

27.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo para a execución da actuación de rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo. Concello de Arbo (Pontevedra), financiado ao 100 % na parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Reaxustar as anualidades e modificar o xeito en que o Concello realizará o aboamento da súa achega.

2.325.000,00 €

29.12.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arteixo para o saneamento na parroquia de Monteagudo, fase I, Arteixe (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arteixo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento na parroquia de Monteagudo, fase I, Arteixo (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

545.000,00 €

30.12.2022