Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10400

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a seis encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2022 e 2023.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 10 de novembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2023.

– Actividade: a realización, polo sistema de administración, do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2023.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1 e con código de proxecto 2011 00867.

2. Resolución do 29 de novembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico para o sistema de control e verificacións en relación ao cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo FEMP na Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2014-2020.

– Actividade: a prestación dun servizo de apoio para a realización de controis de verificacións dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o correcto cumprimento dos proxectos e para satisfacer os requisitos establecidos no artigo 125 do Regulamento 1303/2013. Para iso, asistirase a Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, na súa calidade de órgano facultado para asumir as funcións na devandita materia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 e código de proxecto 2016 00287, cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

3. Resolución do 30 de novembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020, anualidade 2023.

– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo da viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do FEMP e calquera outro fondo similar que entre en vigor no período de vixencia da encarga.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 e código de proxecto 2016 00287, cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

4. Resolución do 28 de novembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 na Comunidade Autónoma de Galicia, anualidade 2023.

– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o apoio administrativo á xestión do FEMP na Comunidade Autónoma de Galicia e calquera outro fondo similar que entre en vigor no período de vixencia da encarga.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 e código de proxecto 2016 00287, cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

5. Resolución do 9 de decembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización das obras de mellora, acondicionamento e modernización do paso peonil para o acceso aos bancos marisqueiros de Lourizán (Pontevedra).

– Actividade: a realización, polo sistema de administración, das obras de mellora, acondicionamento e modernización do paso peonil para acceso aos bancos marisqueiros de Lourizán (Pontevedra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 23 de decembro de 2022 ata o 24 de abril de 2023.

– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, aplicación orzamentaria 15.03.514A.604.1 e código de proxecto 2016 00257, cofinanciada polo FEMP nun 75 %.

6. Resolución do 23 de decembro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a asistencia técnica para o seguimento de indicadores e a elaboración de informes finais e sobre a execución das medidas 4.1.2 e 4.1.3 executadas no marco do FEMP.

– Actividade: prestar apoio na xestión do desenvolvemento sostible das zonas de pesca no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, mediante unha asistencia técnica para realizar o seguimento da execución final das medidas 4.1.2 e 4.1.3 do FEMP e a revisión dos indicadores previstos e indicadores de resultados dos proxectos subvencionados que se recollen no Regulamento (EU) núm. 508/2014, do Parlamento e do Consello.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 30 de xuño de 2023.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 e código de proxecto 2016 00287, cofinanciada polo FEMP nun 75 %.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
P.D. (Resolución do 16.1.2023)
Roberto Corbal González
Subdirector xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación