Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de concesión de licenza de obras para a construción dunha nave industrial.

De conformidade co previsto no artigo 48.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de evolución ambiental, faise pública a Resolución núm. 2022002906, do 1 de decembro de 2022, pola que se outorga a Resigal Gestión Integral de Galicia, S.L. licenza municipal de obras para a construción dunha nave industrial nunha parcela con referencia catastral 54035A057005950000HB, situada en Camesella, San Pedro, de acordo coas determinacións contidas no proxecto técnico presentado con visado colexial do 29.11.2019, coas modificacións achegadas o 16.8.2022, con destino á actividade de almacenamento, valorización e eliminación de residuos non perigosos.

O contido íntegro de dita resolución poderá consultarse na sede electrónica do Concello de Nigrán (http://sede.nigran.org).

Nigrán, 22 de decembro de 2022

Juan Antonio González Pérez
Alcalde