Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10597

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do quinteiro H7 do PP 6 polígono II (expediente 2022/PLANEAM/000017-FG número 704).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de decembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro H7 do Plan parcial do sector PP6 polígono II-Obelisco (documento R.E. nº 2022020974, do 21.11.2022).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 4 de xaneiro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente