Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación nos procedementos de orde de execución da xestión da biomasa vexetal para a prevención e defensa contra os incendios.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Ferrol, 9 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 8.7.2019; BOP núm. 137, do 22 de xullo)
Ana Lamas Villar
Concelleira delegada da Área de Servizos, Obras, Medio Ambiente,
Zona Rural e Participación Cidadá

ANEXO

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Persoa interesada/DNI

INC 8/2022/970

2022009918

15037A01800411

Resolución do 2.1.2023

En investigación. Artigo 47 da Lei 33/2003

INC 6/2022/970

2022009916

15037A01800418

Resolución do 2.1.2023

En investigación. Artigo 47 da Lei 33/2003

INC 4/2022/584

2022047306

15037A03600664

Resolución do 14.12.2022

Herdeiros de Isabel Rodríguez Díaz

INC 3/2022/584

2022047305

15037A03600663

Resolución do 14.12.2022

Herdeiros de Manuel Fernández Díaz

INC 4/2021/429

2021033759

15037A03500758

Resolución do 22.11.2022

32617850D