Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, a solicitude de modificación substancial, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e o proxecto de execución, en concreto, das instalacións do parque eólico Anduriña, situado nos concellos de Barro, Campo Lameiro, Moraña e Pontevedra, da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/46).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Anduriña.

Concellos afectados: Barro, Campo Lameiro, Moraña e Pontevedra (Pontevedra).

Potencia que se instalará: 41,4 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 9.

Produción neta anual estimada: 119.146 (Mwh/ano).

Orzamento total (execución material): 36.455.959,36 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

535.888,15

4.705.285,30

P2

533.138,06

4.705.285,11

P3

531.874,85

4.705.785,05

P4

531.382,65

4.706.073,67

P5

531.388,61

4.707.214,29

P6

532.732,59

4.707.209,15

P7

532.732,59

4.707.411,43

P8

533.564,04

4.707.411,43

P9

533.564,04

4.708.118,94

P10

536.079,70

4.708.109,90

P11

536.062,48

4.705.623,73

P12

535.888,15

4.705.623,73

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

AND 01

531.884,708

4.706.237,700

AND 02

532.246,610

4.706.007,734

AND 03

532.992,099

4.706.448,950

AND 04

533.425,000

4.706.189,000

AND 05

533.353,000

4.705.538,000

AND 06

534.145,000

4.706.987,000

AND 07

534.203,924

4.706.091,466

AND 08

534.220,000

4.705.486,000

AND 09

535.691,157

4.705.808,219

Coordenadas da subestación:

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

SET

533.833,48

4.706.913,91

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

P1

533.788,52

4.706.948,28

P2

533.862,52

4.706.964,40

P3

533.883,52

4.706.875,72

P4

533.809,05

4.706.864,02

Torres meteorolóxicas:

Torre

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Anduriña I (TM1)

532.563,00

4.705.778,00

Anduriña II (TM2)

535.238,00

4.705.919,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Nove (9) aeroxeradores de 4,6 MW potencia unitaria, de 155 de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 120 m, correspondentes co modelo Nordex N155 ou similar.

– Nove (9) centros de transformación de potencia nominal 5,2 MVA e tensión 0,69/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por catro (4) circuítos con cables RHZ1-2OL H16Cu 18/30 kV Al de 95, 150, 240 e 630 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 95 mm2 e condutor de fibra óptica, e poderán discorrer os circuítos da rede de baixa tensión, segundo o tramo.

– Rede de baixa tensión de 220 V soterrada, formada por dous (2) circuítos con cables de RV-K 0,6/1 kV Cu 2×6 mm2, destinados á alimentación das estacións meteorolóxicas. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 95 mm2 e condutor de fibra óptica, e poderán discorrer circuítos da rede de media tensión, segundo o tramo.

– Dúas (2) torres meteorolóxicas (121 m de altura con pararraios de 2 m de altura instalado na punta da torre).

– Subestación de transformación 132/30 kV, que contará coas seguintes instalacións:

• Unha (1) posición de liña/transformación, formada por un (1) transformador de 60/70 MVA de potencia, ONAN/ONAF, de relación de transformación 132/30 kV dotado de regulación en carga, e polo conxunto de equipamentos necesarios de protección e medida en tecnoloxía AIS.

• Conxunto de aparellaxe de 30 kV, constituído por unha (1) cela de transformador, unha (1) cela de servizos auxiliares, cinco (5) celas de liña para a chegada das liñas de xeración, unha (1) cela de medida en barras, unha (1) cela de batería de condensadores, un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,420-0,242 kV de 50 KVA de potencia, unha (1) reactancia de posta á terra en 30 kV, con limitación de corrente a 500 A durante 3 segundos.

– A subestación contará, ademais, con cadros de servizos auxiliares de corrente alterna 230-400 V, fontes de alimentación de corrente continua a 125 Vcc para manter o control e comunicacións da instalación en ausencia de tensión alterna durante 8 horas e cun sistema integrado de protección e control de tecnoloxía dixital, comunicado pola súa vez cun sistema SCADA de supervisión, control e adquisición de datos.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e proxecto de interese autonómico.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe Instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 11.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (Avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º. 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Barro (Santo Antoniño, 11, Perdecanai. 36194 Barro, Pontevedra), do Concello de Campo Lameiro (A Lagoa, praza da provincia de Pontevedra, 1. 36110 Campo Lameiro, Pontevedra), do Concello de Moraña (Rúa 1, nº 2, Santa Lucía. 36660 Moraña, Pontevedra) ou do Concello de Pontevedra (rúa Michelena, nº 30. 36071 Pontevedra).

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra