Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios 21 a 36, en Untes, concello de Ourense.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar..., mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios 21 a 36, no local da Asociación de Veciños de Untes, no concello de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 11 de xaneiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de
domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/94-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Ourense.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA SAC803 entre os apoios 21 a 36.

Predio núm.

Lugar

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

3

Rego

Titular descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Untes

9.3.2023

12.00

6

Gandareira

Titular descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Untes

9.3.2023

12.05

10

Suventana

Titular descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Untes

9.3.2023

12.10

11

Souto dos Carreiros

Titular descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Untes

9.3.2023

12.15