Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de San Cibrao das Viñas (expediente SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0189 e tres máis).

O Concello de San Cibrao das Viñas ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0189 e tres máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación da resolución ditada no procedemento sancionador en materia sanitaria á persoa interesada que figura no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, situadas na praza de la Constitución, 1, San Cibrao das Viñas (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselle á persoa interesada que, de non comparecer no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela na que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de San Cibrao das Viñas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022

Silvia Seoane García
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SANCIBRAODASVIÑAS/0189

X9398452P

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

100 euros

SANCIBRAODASVIÑAS/0192

45166695P

SANCIBRAODASVIÑAS/0193

Y5824334N

SANCIBRAODASVIÑAS/0194

X3760034V