Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado regulamentación CT Veiga 36CR20.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmaselles á persoa afectada pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación CT Veiga 36CR20, no concello de Lalín, que figura no cadro anexo.

A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 27 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/90-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación CT Veiga 36CR20.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

Deposito previo

1

36024A144000570000BU

Descoñecido

16 de xaneiro de 2023

2022/54/359