Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/253-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8, segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lmat-savinao11

Lugo, 27 de decembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/253-2.

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre apoios BKEA85DF//D110-35 E BK8LVCQC//D110-35-8.

Concello: O Saviñao.

Declaración de utilidade pública:

Ref. catastral

Apoio

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

2

93

141

Cubela

Matogueira, prado

Descoñecido

BKBHWCO2//D110-35-4

2.0