Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte Carrio II, situado nos concellos de Lalín e Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (IN408A 2020/69).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Carrio II.

Concellos afectados: Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 9 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 29.582 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 6.410.301,45 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y (ETRS89)

V01

568.575,00

4.733.585,00

V02

570.875,00

4.731.785,00

V03

570.875,00

4.728.785,00

V04

569.178,00

4.728.785,00

V05

569.459,00

4.729.785,00

V06

568.946,00

4.729.768,00

V07

568.647,00

4.728.785,00

V08

567.106,00

4.728.785,00

V09

566.658,00

4.729.785,00

V10

566.661,00

4.731.507,00

V11

567.369,00

4.731.506,00

V12

566.725,00

4.731.785,00

V13

568.073,00

4.733.585,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y (ETRS89)

MCII-4.1

568.441,00

4.730.231,00

MCII-4.2

568.251,00

4.730.551,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Dous (2) aeroxeradores tripá modelo Siemens Gamesa SG 4,5-145 de 145 m de diámetro de rotor e 107,5 m de altura da buxa.

– Dous (2) centros de transformación de potencia unitaria 5.500 kVA e relación de transformación 0,69/20 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 20 kV soterrada, formada por un (1) circuíto con cables HEPRZ1 12/20 kV de 300 mm2, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación Monte Carrio 220 kV. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 70 mm2 e condutor de fibra óptica.

– Ampliación da subestación Monte Carrio 220 kV no embarrado de 20 kV coas seguintes celas: unha (1) posición de batería de condensadores con interruptor. A batería de condensadores será de 3,6 MVAr no parque de intemperie e unha (1) posición de liña con interruptor, para o circuíto do parque eólico Monte Carrio II.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos de Lalín (praza de Galicia, 1, 36500 Lalín, Pontevedra) e Vila de Cruces (praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra).

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra