Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 7019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 30 de decembro de 2022 polo que se fai pública a resolución do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo quinta edición.

Mediante a Orde do conselleiro de Facenda e Administración Pública, do 30 de maio de 2022 (DOG núm. 114, do 15 de xuño), aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XXV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia.

Segundo o establecido na base novena da dita Orde do 30 de maio de 2022, «o xurado poderá propoñer deixar deserto o premio cando ningún dos traballos acade unha puntuación mínima de 25 puntos». Con data do 12 de decembro de 2022 reuniuse o referido xurado para deliberar e tomar unha decisión verbo da adxudicación do premio e, tras as correspondentes deliberacións, o xurado propón que se declare o premio deserto.

De acordo co sinalado pola base décimo primeira da dita orde, a resolución de adxudicación do premio realizarase, de acordo coa proposta do xurado, polo que mediante a Resolución da directora da EGAP, do 19 de decembro de 2022, se declarou deserto o Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo quinta edición. Esta resolución foi ditada por delegación en virtude do disposto polo ordinal 1º.i) da Resolución da Dirección da EGAP, do 17 de decembro de 2007, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 19 de decembro de 2022 de non concesión do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo quinta edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 30 de maio de 2022 e que literalmente di:

«En vista de todo o exposto,

RESOLVO:

Declarar deserto o premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo quinta edición.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da EGAP, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou ben de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007, DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública