Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 7018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de decembro de 2022 polo que se notifica o plazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública 2022/T-00761.

Solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística en relación co inmoble coa referencia catastral 6719132NJ4062S0001GZ, na rúa Cuesta, 14, no concello da Coruña, provincia da Coruña.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e suspéndese o prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións aos herdeiros da persoa titular do documento nacional de identidade 32129933Z, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística