Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMTA, LMTS e CTC na Costa-Romai, prevista no termo municipal de Portas (expediente IN407 2021/299-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica da LMTA, LMTS e CTC na Costa-Romai (expediente IN407 2021/299-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2021/299-4.

Denominación: LMTA, LMTS e CTC na Costa-Romai.

Concello: Portas.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

Núm.

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

2

Escobar

Agrario

36040A310001940000OX

Descoñecido/a

CT

14,97

0,65

2,6