Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente AC15005434.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse os interesados de que os expedientes se encontran á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 26 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC15005434.

NIF: A15049265.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Santiago de Compostela.