Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica de reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC, prevista nos termos municipais de Vigo e Redondela (expediente IN407 2022/435-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á persoa interesada a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC (expediente IN407 2022/435-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/435-4.

Denominación: reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC.

Concellos: Vigo e Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afección

CT

Apoio

Canaliz. subt.

m2

Lonx.

Sup (m2)

4

Parada

Rústico

36045A053008260000WM

María Tizón Paz

16,81

3,00

17,97