Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución dun procedemento sancionador porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente S-P-55-21).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou, o 19 de setembro de 2021, acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal deste acordo para os efectos unicamente de notificar o arquivamento do procedemento, non foi posible efectuala.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberase efectuar no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 23 decembro de 2022

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-P-55-21, Vila de Cruces (Pontevedra).

DNI/CIF da persoa interesada: 76795495J.

Acto notificado: arquivamento de procedemento sancionador.