Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 23 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación dun procedemento sancionador porque, tentada a notificación, non se puido efectuar (expediente S-O-02.22).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou o 9 de xuño de 2022 o acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal deste acordo para os efectos unicamente da responsabilidade restitutoria, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

Anexo

Procedemento sancionador: S-O-02.22. Xunqueira de Ambía, Ourense.

DNI/CIF da persoa interesada: 34590826E.

Acto notificado: incoación de procedemento (restitución).