Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2022/289-1).

Expediente: IN407A 2022/289-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT PDS-804: apoio 9H0SCB7S//25-B1.

Localización: lugar da Arnela, Baroña (San Pedro).

Concello: Porto do Son.

1. Características técnicas:

– Substitución do apoio existente de formigón número 9H0SCB7S//25-B1 da LMT PDS-804 Boiro 4, procedente da subestación Porto do Son (expediente 19.432), por un novo apoio metálico tipo C-2000/14, no cal se proxecta a instalación dun interruptor TC.

– Retensado do treito aéreo da LMT PDS-804 Boiro 4 (expediente 19.432), a 20 kV, de 31 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio número 9H03MOI6//25 existente e o apoio metálico tipo C-2000/14 proxectado.

– Substitución do condutor LA-30 existente polo novo condutor tipo LA-56, no treito aéreo da LMT PDS-804 Boiro 4 (expediente 19.432), a 20 kV, de 44,5 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio número 9H0SCB7S//25-B1 unha vez substituído e o apoio número 9H1KIS1B//25-B2 existente.

– Desmantelamento do interruptor TC instalado no apoio número 9H1KIS1B//25-B2 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 22 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Termo municipal de Porto do Son.

Nº de predio: 2.

Referencia catastral: polígono 10, parcela 30.

Lugar: Tallo da Silva.

Cultivo: urbana (solo sen edificar).

Propietaria: Josefa Gaciño Fernández.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio 9H0SCB7S//25-B1: 1 m2.