Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 22 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 22 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/321-4

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

60

36039A02600258

Emilio Romero

2022/36/591

64

36039A02600320

Hros. de Olivia Besada Besada

2022/36/592

108

36039A02500310

Descoñecido

2022/36/593

110

36039A02500309

Descoñecido

2022/36/594

142

36039A02500378

Descoñecido

2022/36/595

144

36039A02500381

Descoñecido

2022/36/596