No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo, mediante concurso, dunha praza de persoal laboral fixo do Concello de Ramirás, categoría mestre infantil, incluída na oferta de emprego público de 2022, taxa adicional de estabilización do emprego temporal (disposición adicional sexta da Lei 20/2021).
De conformidade co disposto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Ramirás, 9 de xaneiro de 2023
Isabel Gil Álvarez
Alcaldesa presidenta