Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ramirás

ANUNCIO das bases e da convocatoria do proceso selectivo, mediante concurso, dunha praza de chofer de tractor-rozadora, incluída na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo, mediante concurso, dunha praza de persoal laboral fixo do Concello de Ramirás, categoría chofer de tractor-rozadora, incluída na oferta de emprego público de 2022, taxa adicional de estabilización do emprego temporal (disposición adicional sexta da Lei 20/2021).

De conformidade co disposto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Ramirás, 9 de xaneiro de 2023

Isabel Gil Álvarez
Alcaldesa presidenta