Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación no procedemento de orde de execución da xestión da biomasa vexetal para a prevención e defensa contra os incendios.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada das especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Ferrol, 21 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 8.7.2019; BOP nº 137, do 22 de xullo)
Ana Lamas Villar
Concelleira delegada da Área de Servizos, Obras, Medio Ambiente,
Zona Rural e Participación Cidadá

ANEXO

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/a/DNI

INC 2/2022/35

2022009366

15037A01400112

Resolución do 8.11.2022

32477480P

INC 8/2022/567

2022046015

15037A04800143

Resolución do 29.11.2022

Hros. de Teresa Cid Yáñez

INC 8/2022/394

2022009428

15037A02000118

Resolución do 17.6.2022

32470072Y