Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO de convocatoria e das bases do proceso selectivo do persoal laboral fixo para a estabilización da contratación laboral temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 290, do 21.12.2022, publícanse integramente as bases reguladoras da convocatoria e do proceso selectivo do persoal laboral fixo, mediante o procedemento de estabilización temporal do emprego no Concello de Cortegada, do posto de axente de emprego e desenvolvemento local.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cortegada, 22 de decembro de 2022

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde