Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2022/U040/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 28 de novembro de 2022, acordou aprobar inicialmente o anexo de expropiacións para a obtención dos terrenos que se consideran necesarios para a execución da obra hidráulica prevista no proxecto construtivo aprobado por Augas de Galicia o 22 de setembro de 2022, que consiste na demolición dunha edificación, remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol de Carballo (A Coruña), segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado pola enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois (con núm. de colexiada 1909).

No mesmo acordo, no punto segundo, declarouse a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación dos bens e dos dereitos afectados pola obra hidráulica prevista no mencionado proxecto, ao abeiro do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (procedemento de urxencia).

Polo que se somete a información pública o proxecto da obra e o anexo de expropiacións, por un prazo de vinte (20) días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, co fin de rectificar os posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos cales se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue.

Así mesmo, requírense os titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A relación de bens e dereitos afectados que se inclúe no anexo de expropiacións é a seguinte:

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Titular

Referencia catastral

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

Destino

Sup. total (m²)

Sup. afectada (m²)

Pleno dominio

1

Concello de Carballo

5443707NH2854S0001RF

Solo rústico

Rural

Construción

385,00

385,00

2

Arbolandia, S.L.

5543611NH2854S0001QF

Solo rústico

Rural

Construción

573,00

216,00

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do Concello na seguinte ligazón, no punto 7 (outros):

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 13 de decembro de 2022

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde