Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de convocatoria das bases para a estabilización.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 244, do 23 de decembro de 2022, así como na sede electrónica do Concello de Caldas de Reis, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán os procesos selectivos para prover, mediante o sistema de concurso pola quenda libre, as seguintes prazas (D.A. 6ª da Lei 20/2021):

Unha praza de auxiliar de biblioteca, funcionario.

Unha praza de monitor/a deportivo, laboral.

Unha praza de xefe/a de estudos da Escola de Música, laboral.

Unha praza de director/a da Escola de Música, laboral.

Seis prazas de profesores/as de música (vento-metal, percusión, clarinete, violín, saxofón e piano), laboral.

Dúas prazas de peóns RSU, funcionario.

Unha praza de conserxe de colexio, laboral.

Dúas prazas de peóns de servizos varios, laboral.

Tres prazas de auxiliares administrativo/a, funcionario.

Unha praza de alguacil-porteiro, funcionario.

Unha praza de traballador/a social, laboral.

Unha praza de avogado/a CIM, laboral.

Unha praza de animador/a sociocultural, laboral.

Unha praza de psicólogo/a CIM, laboral.

Unha praza de técnico/a de igualdade e emprego, laboral.

Publícase un extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica da corporación.

Caldas de Reis, 23 de decembro de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente